[GL/ES]
Que marabillosa está a ser esta campaña! Estamos a piques de conseguir o noso obxectivo e non podemos estar máis contentas! Tamén estamos moi contentas porque durante este mes de xullo fumos protagonistas doutro acto fermosísimo. Marta Cabaleiro é unha artista do Porriño famosa polas súas obras de puntillismo cun toque naif. Gústalle representar a natureza. E así se chama esta obra: "Natureza Ardente". Este mes fixemos unha exposición na que Marta doou o importe das obras vendidas a Xaruma. Unha colaboradora quixo participar e mercar unha das obras... Para doala para o piso. Estamos rodeadas de xente moi xenerosa e non podemos estar máis agradecidas.
Cada vez que nos sentemos a ler, xogar ou respirar, miraremos este fermoso cadro e lembrarémosnos de Marta Cabaleira e da colaboradora anónima. E tamén de todas as persoas que estades a participar nesta campaña. GRAZAS E MIL GRAZAS!
--
Que maravillosa está siendo esta campaña! Estamos a punto de conseguir nuestro objetivo y no podemos estar más contentas! También estamos muy contentas porque durante este mes de julio fumos protagonistas de otro acto hermosísimo. Marta Cabaleiro es una artista de O Porriño famosa por sus obras de puntillismo con un toque naif. Le gusta representar la naturaleza. Y así se llama esta obra: "Naturaleza Ardiente". Este mes hicimos una exposición en la que Marta donó el importe de las obras vendidas a Xaruma. Una colaboradora quiso participar y comprar una de las obras... Para donarla para el piso. Estamos rodeadas de gente muy generosa y no podemos estar más agradecidas.
Cada vez que nos sentemos a leer, jugar o respirar, miraremos este hermoso cuadro y nos acordaremos de Marta Cabaleira y de la colaboradora anónima. Y también de todas las personas que estáis participando en esta campaña. GRACIAS Y MIL GRACIAS!