Autonomía en saúde mental 2023

Header image
Watch video
Finished 29 / 09 / 2023
Funded!
Received
€ 4.288
Minimum
€ 3.867
Optimum
€ 6.511
34 Co-financiers
  • Contributing € 5

    Publicación do teu nome na nosa web

    Incluiremos o teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 5€, a túa achega real será de 1€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 10

    Xabón artesán + publicación do teu nome na nosa web (envío a España)

    Xabón feito na entidade e inclusión do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 10€, a túa achega real será de 2€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 02 Co-financiers
  • Contributing € 15

    2 xabóns + publicación de teu nome na nosa web (envío a España)

    Dous xabóns feitos na entidade e inclusión do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 15€, a túa achega real será de 3€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 18

    Cesta de xabón, bolsiña de tea e broche + publicación do teu nome na nosa web (envío a España)

    Cesta que inclúe un xabón, unha bolsiña de tea e un broche feitos na entidade e publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 18€, a túa achega real será de 3,60€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 20

    Cesta de xabón, herbas aromáticas, chapa e broche + publicación do teu nome na nosa web (envío a España)

    Cesta de xabón, herbas aromáticas, chapa e broche feitos na entidade e publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 20€, a túa achega real será de 4€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 04 Co-financiers
  • Contributing € 25

    Tote bag estampada na entidade + publicación do teu nome na nosa web (envío a España)

    Tote bag estampada na entidade e publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 25€, a túa achega real será de 5€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 30

    Tote bag estampada na entidade + xantar connosco + publicación do teu nome na nosa web (envío a España)

    Unha tote bag estampada na entidade.
    Asistencia á actividade “Da horta á cociña”, onde compartiremos bonitos momentos e unha comida feita con amor.
    Publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 30€, a túa achega real será de 6€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 35

    Tote bag estampada na entidade + xabón artesano + xantar connosco + publicación do teu nome na nosa web (envío a España)

    Unha tote bag estampada na entidade.
    Un xabón artesano feito na entidade.
    Asistencia á actividade “Da horta á cociña”, onde compartiremos bonitos momentos e unha comida feita con amor.
    Publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 35€, a túa achega real será de 7€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 40

    2 tote bags estampadas na entidade + publicación do teu nome na nosa web (envío a España)

    Dúas tote bags estampadas na entidade e publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 40€, a túa achega real será de 8€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 45

    Tote bag estampada na entidade + bolsiña de tea multifunción + publicación do teu nome na nosa web (envío a España)

    Unha tote bag estampada na entidade, bolsiña de tea multifunción feita na entidade e publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 45€, a túa achega real será de 9€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 50

    Tote bag estampada na entidade + 2 bolsiñas de tea multifunción + publicación do teu nome na nosa web (envío a España)

    Tote bag estampada na entidade, dúas bolsiñas de tea multifunción feitas na entidade e publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 50€, a túa achega real será de 10€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 60

    Tote bag estampada na entidade + bolsiña de tea multifunción + cestiña artesanal + nome na web (envío a España)

    Tote bag estampada na entidade, bolsiña de tea multifunción e cestiña artesanal feitas na entidade e publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 60€, a túa achega real será de 12€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 70

    Camiseta Sementando Saúde + 2 xabóns + bote de sales de baño + nome na web (envío a España)

    Camiseta Sementando Saúde, dous xabóns e un bote de sales de baño feitas na entidade e publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 70€, a túa achega real será de 14€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 80

    Camiseta Sementando Saúde + 2 xabóns + 2 bolsiñas de tea multifunción + 1 bote de sales de baño + nome na web (envío a España)

    Camiseta Sementando Saúde, dous xabóns, dúas bolsiñas de tea multifunción,un bote de sales de baño feitas na entidade e publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 80€, a túa achega real será de 16€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 100

    Monstro + 2 bolsas de tea multifunción + 2 cestiñas artesanais + nome na web (envío a España)

    Un monstro, dúas bolsas de tea multifunción, dúas cestiñas artesanais feitas na entidade e publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 100€, a túa achega real será de 20€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 150

    2 tote bags de tea + 2 bolsiñas multifunción + 2 cestas artesanais + 2 botes de sales de baño + nome na web (envío a España)

    Dúas tote bags de tea, dúas bolsiñas de tea multifunción, dúas cestiñas artesanais, dous botes de sales de baño feitas na entidade e publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 150€, a túa achega real será de 30€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 200

    2 tote bags de tea + 3 bolsiñas multifunción + 3 cestas artesanais + 2 botes de sales de baño + 5 kg de produtos da horta + 2 xantares connosco + nome na web (envío a España)

    Dúas tote bags de tea, tres bolsiñas multifunción, tres cestas artesanais, dous botes de sales de baño feitas na entidades, 5 kg de produtos da nosa horta, dúas asistencia á actividade “Da horta á cociña”, onde compartiremos bonitos momentos e unha comida feita con amor e publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 200€, a túa achega real será de 62,5€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 500

    3 tote bags de tea + 3 bolsiñas multifunción + 3 cestas artesanais + 2 botes de sales de baño + 10 kg de produtos da horta + 3 xantares connosco + 2 libretas feitas na entidade + 2 packs de pedras contacontos + nome na web (envío a España)

    Tres tote bags de tea, tres bolsiñas multifunción, tres cestas artesanais, dous botes de sales de baño feitas na entidade, 10 kg de produtos da nosa horta, tres asistencias á actividade “Da horta á cociña”, onde compartiremos bonitos momentos e unha comida feita con amor, dúas libretas feitas na entidade, dous packs de pedras contacontos e publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 500€, a túa achega real será de 257,50€! Ou resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal ou próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 950

    1 praza en MTL + 3 tote bags de tea + 3 bolsiñas multifunción + 3 cestas artesanais + 2 botes de sales de baño + 10 kg de produtos da horta + 5 xantares connosco + 2 libretas feitas na entidades + 2 packs de pedras contacontos + 3 tote bags estampadas

    Unha praza no curso de Monitor/a de Tempo Libre, tres tote bags de tea , tres bolsiñas multifunción, tres cestas artesanais, dous botes de sales de baño, 10 kg de produtos da nosa horta, cinco asistencias á actividade “Da horta á cociña”, onde compartiremos bonitos momentos e unha comida feita con amor, dúas libretas feitas na entidades, dous packs de pedras contacontos, tres tote bags estampadas na entidade e publicación do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Doando 950€, a túa achega real será de 550€! O resto, serache devolto en forma de desgravación fiscal o próximo ano. Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers

About this project

Reforma planta alta para mellorar a autonomía de persoas con trastornos mentais

Needs Material Minimum Optimum
Lavalouzas
Lavalouzas para a cociña do piso.
€ 483
Armarios
Dous armarios para dotar dúas das habitacións
€ 256
Colchóns
Renovación de 2 colchóns para as habitacións.
€ 438
Ordenador
Dotación dun ordenador para o piso.
€ 499
Sinalización
Dotación ao piso da sinalización de seguridade pertinente e a colocación do extintor.
€ 80
Detector de gases
Detector de gases e fumes para mellorar a seguridade do piso.
€ 115
Moble
Dotación dun moble para gardar utensilios de limpeza
€ 90
Aspiradora
Aspiradora para facilitar as tarefas de limpeza do piso.
€ 195
Batería de cociña
Batería de cociña completa apta para indución.
€ 244
Ordenador
Dotación dun ordenador para o piso.
€ 379
Needs Infrastructure Minimum Optimum
Fontanería planta de arriba
Cambio de fontanería da planta superior, con chave de paso diferenciada.
€ 1.694
Needs Task Minimum Optimum
Xestión
Gastos de xestión do propio crowdfunding.
€ 212
Impresora
Dotación dunha impresora.
€ 358
Fontanería
Cambio das tuberías de cobre restantes do piso
€ 1.210
Gastos de xestión
Gastos de xestión do propio crowdfunding.
€ 138
Envío recompensas
Envío das recompensas
€ 120
Total € 3.867 € 6.511
Necessary
Supplemental

General information

O obxectivo principal deste proxecto é potenciar a autonomía persoal e social das persoas con trastornos mentais dentro da comunidade a través da adquisición, mellora e mantemento das habilidades da vida diaria.

Para a posta en marcha deste proxecto necesitamos continuar coa reforma do piso, esta vez, céntrase en facer funcional a planta alta e dotar de material a planta baixa, para así poder realizar actividades nas dúas plantas nos horarios de mañá e tarde durante a semana e sábados, e tardes en días festivos.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

O proxecto implica rematar as obras comezadas no interior da vivenda, neste caso, o que corresponde á planta de arriba, polo que as obras a realizar resúmense do seguinte xeito:
Accesibilidade:

  • Instalación dun pasamáns para facilitar a utilización das escaleiras interiores.
    Reforma:
  • Baño e fontanería planta alta.
  • Teitos y luminaria
  • Carpintería metálica planta superior
  • Pintura
  • Axuda de albañilería
    Equipamento e acondicionamento:
  • Aspiradora
  • Detector de gases e fumes.
  • Ordenador
  • Colchóns
  • Armarios
  • Sinalización e seguridade

A reforma, a nivel accesibilidade, seguridade e eficiencia, permitirá:

  • Instalar internet e dotalo de ordenador e teléfono, para unha mellor atención dixital e unha máis doada comunicación coa contorna.
  • Cartelería lumínica actualizada, para unha información perceptible.
  • Iluminación segundo as normas de accesibilidade.
  • Plan de emerxencia.
  • Alarma de detección de incendios e gases.
  • Sinalización de chanzos.
  • Melloras para a discapacidade sensorial como redución do ruído exterior nas actividades coa nova carpintería.
  • Mellora térmica coa revisión da calefacción e instalación dunha nova caldeira.

Este proxecto desenvolverá as súas actividades en dúas esferas da autonomía: a esfera privada (actividades básicas da vida diaria, autocuidado...) e a esfera pública (habilidades sociais, participación no barrio...). Desta forma, fomentaremos a independencia das persoas con trastornos mentais, facilitando o seu acceso ao mundo sociolaboral e reducindo tempos de coidado.

Coa reforma integral conseguimos o obxectivo perseguido de seguir levando a cabo o proxecto que fomenta a vida autónoma das persoas participantes con discapacidade e das súas familias, creando espazos agradables onde aprender, convivir e ter tempo de ocio. As familias tamén terán o seu espazo de ocio e alivio emocional sabendo que as persoas ás que coidan poden ter unha vida máis independente.

psio.jpg piso-16.jpg piso-18.jpg

Why this is important

O 88% dos labores de coidado e atención a persoas con trastornos mentais é realizado por persoas do ámbito informal, é dicir, familia e amizades. Debido á carga mental, física e emocional que isto provoca, moitas persoas coidadoras acaban desenvolvendo tamén trastornos mentais.

Nove de cada dez persoas (90 %) coidadoras informais no ámbito da saúde mental demandan máis oportunidades de reunión para elas mesmas e máis apoio nos coidados; pero as axudas en dependencia en saúde mental tan só chegan ao 4% das persoas, deixando sen atención a parte da poboación afectada.

É por iso que este proxecto vai dirixido principalmente a persoas maiores de 18 anos cun trastorno mental diagnosticado, ás familias e á comunidade máis próxima. Fomentando a autonomía reduciremos parte da carga da persoa coidadora ademais de intervir de forma directa nas habilidades e capacidades das persoas con trastornos mentais.

Os nosos estatutos reflicten que un dos nosos fins é o de realizar con carácter habitual actuacións de integración de persoas con discapacidade, e, especialmente, para persoas con trastornos mentais. Por iso as nosas principais accións atenden a unha dobre intervención: promover a autonomía de persoas con enfermidade mental e reducir a dependencia destas á súa familia, producindo así unha mellora na calidade de vida de todo o círculo familiar.

piso4.jpg piso6.jpg piso-17.jpg

Team and experience

Levamos traballando neste proxecto desde o ano 2010, aínda que as súas orixes foron diferentes a como entendemos agora o proxecto.
2010-2012: De unha e dúas semanas do verán alugábase un piso/casa fóra de Vigo e realizábanse actividades da vida diaria e a convivencia. Era algo parecido a unhas vacacións.
2012-2015: De unha e catro semanas no verán alugábase un piso/casa en Vigo e realizábanse actividades da vida diaria e convivencia. Asumiuse esta actividade como unha formación en habilidades básicas para vida autónoma.
2015-2019: De unha e cinco semanas de convivencia no verán, realizando o resto do ano actividades de cociña e limpeza. Enténdense estas actividades como unha aprendizaxe total.
2021-2022: Comeza a reforma interior do piso. Xa estreamos a cociña.
2022-2023: Rematada a cuberta, pódense desfrutar das actividades realizadas no piso. Acondicionando a pranta alta e engandindo o material necesario, o piso convertirase nun lugar idóneo para os/as participantes e as súas familias, creando espazos agradables onde aprender, convivir e ter tempo de ocio.

Detrás de Xaruma hai un equipo de profesionais do social e da educación con ampla experiencia en saúde mental e, sobre todo, con moita motivación por seguir desenvolvendo proxectos centrados na persoa.

equipo-121.jpg imagen-de-whatsapp-2023-02-22-a-las-12.39.58dfh.jp

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Good Health and Well-Being

    Ensuring healthy lives and promoting the well-being for all at all ages is essential to sustainable development.