Contributing € 15
Recoñecemento na web e nas redes sociais
Recoñecemento na web e nas redes sociais.
> 32 Co-financiers
We use own and third party cookies to improve your user experience and our services, analyzing users' browsing in our website. If you continue browsing, we will consider that you consent to its use. You can get further information in our Cookies Policy
A Casa da Xente
Recoñecemento na web e nas redes sociais.
Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir. Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).
Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir + revista "O Casón 25 anos despois", sobre a revolta popular que tivo lugar en Guitiriz no ano 1987.
Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).
Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir + revista "O Casón 25 anos despois", sobre a revolta popular que tivo lugar en Guitiriz no ano 1987 + camiseta de Xermolos. Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).
Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir + revista "O Casón 25 anos despois", sobre a revolta popular que tivo lugar en Guitiriz no ano 1987 + camiseta + libro Desorballando outonos . Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).
Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir + revista "O Casón 25 anos despois", sobre a revolta popular que tivo lugar en Guitiriz no ano 1987 + camiseta Xermolos + libro Desorballando outonos + CD A Quenlla "Na señardade", que inclúe tamén o CD "Os Irmandiños" máis un DVD "Manuel María da Terra Chá", producido por Ophiusa). Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).
Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir + revista "O Casón 25 anos despois", sobre a revolta popular que tivo lugar en Guitiriz no ano 1987 + camiseta Xermolos + libro Desorballando outonos + CD A Quenlla "Na señardade", que inclúe tamén o CD "Os Irmandiños" máis o DVD "Manuel María da Terra Chá", producido por Ophiusa) + ruta cultural guiada polo concello de Guitiriz. Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).
Salvemos o rural, pon unha pedra na casa de Díaz Castro
Infrastructure | Minimum | Optimum |
---|---|---|
Elementos de anclaxe necesarios
Elementos de anclaxe necesarios
|
€ 460 |
Material | Minimum | Optimum |
---|---|---|
Rolos de tea illante
3 rolos de tea illante
|
€ 470 | |
Vigas en madeira de castiñeiro
Vigas de 22x20x800 cm en madeira de castiñeiro
|
€ 250 | |
Carreiras
Carreiras de 12x16 cm en madeira de castiñeiro
|
€ 2.430 | |
Tixeiras
Tixeiras de 12x16 cm en madeira de castiñeiro
|
€ 450 | |
Táboas de castiñeiro
9 m3 de táboa de 3 cm de grosor en madeira de castiñeiro
|
€ 2.845 | |
Correas metálicas
Correas metálicas
|
€ 765 | |
Lousado
Lousado en pizarra rústica, sen recollida de augas
|
€ 9.230 | |
Recompensas de crowdfunding
Algunhas das recompensas ofrecidas supoñen unha inversión
|
€ 500 |
Task | Minimum | Optimum |
---|---|---|
Retirada de escombro, lavado de paredes e reparación do chan
Retirada de escombro
|
€ 140 | |
Tasas e licencias do concello
Tasas e licencias do concello
|
€ 1.230 | |
Man de obra
Man de obra
|
€ 6.230 | |
Portes materiais
Portes materiais
|
€ 140 | |
Piso en castaño e dúas escaleiras
Piso en castaño e dúas escaleiras
|
€ 13.260 | |
Comisións de Goteo
Comisións de Goteo.org, correspondentes ao 4% do total conseguido.
|
€ 600 | |
Comisións bancarias + Paypal
0.8% de comisión por transacción bancaria e 3.4% + 0.35€ por cada transacción a través de Paypal
|
€ 400 | |
Arranxo do chan
Arranxo do chan
|
€ 5.425 | |
Total | € 24.640 | € 44.825 |
A familia do poeta de Guitiriz Díaz Castro legou a Xermolos a súa casa natal, nun estado de importante deterioro despois de varios anos deshabitada. Xermolos pretende convertela nun espazo de encontro para axentes socioculturais e para o pobo en xeral. Non a considera unha propiedade particular e quere devolvela á xente restaurada, coma espazo de encontro, para debates sobre cooperativismo, montes comunais, produtos ecolóxicos, xogos populares, etc., entendendo a cultura e as artes coma berce da convivencia e do traballo en grupo. A casa vai contar con espazos para a obra de Díaz Castro, legada polo escritor a Xermolos. Vai ser tamén un recanto para celebrar aos poetas dos ríos, os escritores que promocionaron os ríos desta comarca coa súa poesía, xa que os consideramos as veas que irrigan de vida este país.
Urxe dotar a casa dunha cuberta ao xeito tradicional, para que non siga chovendo dentro. É o primeiro obxectivo, pois a casa ameaza ruína. Despois seguiremos dando pasos ata rehabilitala coma un local sociocultural. Imos utilizar a bioconstrución sendo fieis á sabedoría do noso pobo.
.
A Asociación Xermolos recibiu da familia do poeta Díaz Castro a casa na que naceu, xa moi abandonada. Xa antes recibira do mesmo poeta a súa obra inédita, manuscritos e obxectos persoais... No seu momento, sobre todo no 2014, devolvimos ao pobo a creación do poeta, convencidos de que unha achega tan prometedora é de todos, e non só patrimonio de Xermolos.
Arestora queremos facer outro tanto coa casa do escritor, porque pensamos que hai casas con alma, que gardan unha memoria especial e que convidan a soñar e crear novas iniciativas.
Neste compromiso con Galicia a través da manda do poeta, Xermolos está en débeda co poeta, porque quedou impactada por uns dos derradeiros poemas seus que escribiu no noso local:
“Tódolos mórtos de Galiza, ergueitos,
xa protéstan a bérros pola térra perdida,
polas casas envóltas en silvas e fieitos,
polo sangre zugado dunha eterna ferida”
Este laio quedou gravado en nós e agora queremos remediar esta eiva que afecta a nosa comarca da Terra Chá e a todo o país.
Nos últimos meses fomos recollendo información arredor dalgunhas ideas a través das cales devolverlle a vida á Casa. Algunhas delas, sen esquecer que se trata dun proxecto aberto a novas propostas, son as seguintes:
1.- MUSEO
Un museo onde conservar o patrimonio do poeta e doutras e outros creadores/as. Temos recollido os mobles e ferramentas da casa do poeta, e dedicaremos varios recantos a espazos senlleiros. Esta casa foi a primeira escola e vivenda dun mestre oficial nesa parroquia de Os Vilares, emporiso imos montar unha aula ao xeito dos anos 20... Ao poeta gustáballe o cinema, e a sala para relatorios, proxeccións, etc, vai contar cunhas butacas do vello cinema de Guitiriz. Contará cun tear coma o que tiña a súa tía na casa, con ferramentas dos oficios dos seus parentes: carpinteiro, canteiro, labregos, etc. Noutro recanto, o máis persoal de Díaz Castro, estará o que foi o seu espazo de lectura e ocio, no seu retorno a Guitiriz.
Arestora o IES de Guitiriz xunto con Xermolos teñen creadas rotas ata o Vilariño de centros de ensino procedentes de todo o país, onde nenas e nenos do Instituto fan de guías, explicando toda a contorna da casa: construcións populares, flora, fauna, labores do agro, etc., sen poder penetrar na casa por risco de ruína. Tamén, ao pé da casa, nunha palleira restaurada, hai un centro de interpretación da obra de Díaz Castro aberto pola Deputación e o Concello, así como unha Rota da Pedra.
2.- CASA DA XENTE
Esta aldea, O Vilariño, xa se converteu en meta de encontro para centros de ensino, visitas e excursións de colectivos, sendeiristas, etc.
Xermolos non só quere que sexa un museo, quere que teña vida e actividade cada día coma espazo de debate e dinamización do rural: cooperativismo, montes comunais, produtos ecolóxicos. Para os veciños/as contaremos cunha sala de xogos, lectura, música, etc., nun rural tan necesitado de espazos de encontro e ocio.
Outra referencia para esta Casa da Xente é convertela nun espazo de obradoiros e acampada para a mocidade. Seguindo a liña de Xermolos como asociación xuvenil imos organizar olimpiadas de xogos populares, ciclos de cinema, concertos, etc.
3.- POUSADA DE CREADORES
Botamos de menos en Galicia lugares para acoller creadores: escritores, escultores, fotógrafos, pintores, etc., como existen noutros países. Esta casa tan ampla vai ter un espazo aberto a eles, mesmo o recanto máis creativo do poeta, amoblado cos elementos que el utilizou nos seus momentos de ocio na visita diaria que facía á Biblioteca de Xermolos, no seu retorno a Galicia, onde escribiu as súas derradeiras poesías.
A contorna é marabillosa para disfrutar dunha paisaxe única, emporiso a restauración.
Queremos converter este Fogar dos Poetas dos Ríos nun CENTRO DINAMIZADOR da nosa cultura con proxección en todo o país, mesmo como base de datos dos recursos culturais, ecolóxicos, artísticos da Terra Chá, ata o punto de promocionar a Terra Chá, ata Mondoñedo, coma o que é unha “patria creativa”, facendo convenios con establecementos de hospedaxe, casas rurais, pensións, balnearios, para acoller con condicións especiais a creadoras e creadores que necesitan tempos e lugares axeitados para crear e dar a coñecer a súa obra. Neste terreo serán fundamentais as redes sociais e as novas tecnoloxías.
Porque a Terra Chá é unha xeografía especial irrigada por ríos e regatos que son as veas que renovan a cotío a nosa paisaxe. As e os creadores chairegos inspíranse nos ríos.
4.- O FOGAR DOS POETAS DOS RÍOS
Díaz Castro non atopou mellor manancial para a súa creación e vida que os ríos, tal coma cantou en varios poemas:
Coma un río
Coma un río quixera eu ser: cantar
con estrelas no lombo cara ó mar,
deixando unha chorima en cada pedra,
e unha bágoa de Deus en cada herba.
Hai unha cousa clara coma o sol:
prós nosos ollos no está feita a lus
do mundo, o abrente frío que se abreu
cando abrimos os ollos sobre o mundo.
E eu coma a néboa sobre os outos montes
que lles cobre a ferez e mailas bágoas;
e eu coma a estrela que entra polo oco
do lousado do pobre na agonía.
Hai unha cousa clara coma a lus:
que no é pra nós a música do mundo,
a promesa raiante da hora enorme
en que se dixo: ¡outro home véu ó mundo!
E eu coma un fondo río de recendos,
de voces e de luces: coma o aire,
que beixa todo e non se apousa en nada
máis que no sangue, na raíz do sangue...”
O Azúmara de Iglesia Alvariño, o Magdalena de Chao Rego ou Agustín Fernández Paz, o Miño de Manuel María, o Rañego medido a hectómetros literarios… Nestes recantos queremos promocionar o que son os recursos naturais que provocan tanta creatividade: os ríos vagarosos, as chairas abertas que se perden no horizonte convidando a soñar, as veigas que mergullan misterios que abrollan nos humedais e lagoas, etc…
A filosofía deste museo non ten lindes e concebimos a literatura unida a todas as artes, emporiso unha das achegas é a colección de máis de sesenta táboas de Anxo Lamas dedicada a outros/as tantos escritores da Terra Chá e que Xermolos converteu nunha das súas mensaxes, porque do mesmo xeito que o pintor converteu táboas (vigas, portas, trabes) en obras de arte, o mesmo queremos facer nós coa Casa de Díaz Castro, convertela nun verxel de vida e cultura, nunha mostra do rural máis vivo.
5.- CAMPO DE TRABALLO PARA ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS E ARQUEOLÓXICAS
Conscientes de que non se valora o que non se coñece, queremos, en colaboración coas administración promover campos de traballo que den a coñecer os tesouros medioambientais e arqueolóxicos da comarca, dirixidos sobre todo á MOCIDADE, que é a que máis necesita destes estímulos, mesmo para navegar polas redes sociais, porque só vai valorar as outras culturas cando de feito, viva e aprecie a súa.
Esta Casa vai ser a punta de lanza para informar e atraer a xente doutros pobos que queiran enchouparse da nosa cultura chairega. Así o fixemos saber na nosa visita ao Parlamento Europeo o 7 de decembro do 2016. Sempre programaremos estas visitas cos centros hosteleiros da comarca demostrando o perfil da Chaira coma un manancial creativo, sendo fieis ás súas raíces coma terra de canteiros, escultores, escritores, gastrónomos/as, labregos e labregas…
Cabe dicir que se trata dun proxecto a longo prazo, que implica anos de esforzo e traballo, de documentación, de recolecta de fondos, etc. As ideas aquí presentadas iranse pondo en marcha en función da capacidade organizativa e económica para abarcalas. Neste primeiro paso queremos evitar que a casa caia en ruína e pouco a pouco iremos acondicionando os espazos necesarios. Mentres tanto, iremos poñendo en marcha actividades de todo tipo, seguindo a liña das ideas propostas neste apartado.
O rural galego agoniza nunha devastadora dinámica de despoboación e envellecemento. A súa imaxe atópase cada vez máis deteriorada, con casas, incluso aldeas enteiras abandonadas na ruína. Non queremos que a casa de Díaz Castro corra a mesma sorte. Queremos convertela nun centro incentivador do rural, un espazo de formación, de memoria, de creación, de amizade, etc. En definitiva, un espazo aberto a calquera persoa que comparta estas sensibilidades, a quen queira aportar ideas novas na nosa loita e seguir camiñando connosco cara un mundo mellor e un rural máis vivo.
A recuperación da casa do poeta Díaz Castro implica unha inversión moi importante, tendo en conta as súas dimensións e a intención de realizar bioconstrución con materiais e técnicas tradicionais da nosa terra. Neste sentido, atendendo ao factor económico, somos conscientes de que é un proxecto de varios anos, que se ten que ir desenvolvendo pasiño a pasiño.
O noso primeiro cometido será tentar poñerlle un teito que evite que siga chovendo dentro, factor que aceleraría o seu proceso de deterioro. Os pasos que virían a continuación consistirían no arranxo do chan da primeira planta e do baixo. A cantidade de diñeiro que consigamos reunir con esta campaña irá destinada integramente a estas medidas de carácter máis urxente.
Se ben é certo que en Xermolos procuramos traballar coa menor dependencia posible da Administración, unha obra de tal calibre precisa do apoio institucional, polo que xa estamos conversando coas institucións en busca de posibles axudas.
Nestes anos aprendemos a descubrir e crer nas nosas capacidades e posibilidades sen apoios das administracións, poñendo en xogo o esforzo en grupo. Neste proxecto contamos co asesoramento de técnicos da construción, lousadores, canteiros, carpinteiros, persoas vinculadas á Educación, ao audiovisual, etc., pois adoitamos traballar en equipo. En troco de socios nominativos apostamos por colaboradores activos, buscando implicar os recursos de cadaquén en proxectos comunitarios coma é a recuperación do noso patrimonio, neste caso un local social marcado pola traxectoria dun poeta que converteu a súa obra nunha reivindicación da cultura rural. Así mesmo, foron moitas as mostras de apoio que nos foron chegando nos últimos meses, tanto da xente de Guitiriz coma dalgúns persoeiros da cultura galega.
A Casa da Xente pretende converterse nun espazo de dinamización e recuperación do rural galego, tentando combinar e optimizar a relación dos ámbitos cultural, educativo, social, turístico e laboral, buscando ao mesmo tempo un equilibrio que respecte e coide a nosa terra.
Así mesmo, a xestión da casa será colectiva, permanecendo sempre dispoñible para calquera persoa que pretenda darlle un uso, plantexando actividades, para o tempo lúdico da veciñanza, etc.
Será tamén un lugar para as e os artistas e creadores, cunha sala de exposicións e unha pousada que poderán reservar para facer estancias nas que desconectar do axetreo e ter un lugar tranquilo e acolledor no que dar renda sola á súa creación.
Recoñecemento na web e nas redes sociais
Recoñecemento na web e nas redes sociais.
> 32 Co-financiers
Recoñecemento + 2 fanzines
Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir. Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).
> 20 Co-financiers
Recoñecemento + 2 fanzines + revista
Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir + revista "O Casón 25 anos despois", sobre a revolta popular que tivo lugar en Guitiriz no ano 1987.
Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).
> 17 Co-financiers
Recoñecemento + 2 fanzines + revista + camiseta
Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir + revista "O Casón 25 anos despois", sobre a revolta popular que tivo lugar en Guitiriz no ano 1987 + camiseta de Xermolos. Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).
> 05 Co-financiers
Recoñecemento + 2 fanzines + revista + camiseta + libro
Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir + revista "O Casón 25 anos despois", sobre a revolta popular que tivo lugar en Guitiriz no ano 1987 + camiseta + libro Desorballando outonos . Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).
> 09 Co-financiers
Recoñecemento + 2 fanzines + camiseta + revista + libro + CD
Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir + revista "O Casón 25 anos despois", sobre a revolta popular que tivo lugar en Guitiriz no ano 1987 + camiseta Xermolos + libro Desorballando outonos + CD A Quenlla "Na señardade", que inclúe tamén o CD "Os Irmandiños" máis un DVD "Manuel María da Terra Chá", producido por Ophiusa). Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).
> 03 Co-financiers
Recoñecemento + 2 fanzines + camiseta + revista + libro + CD + ruta cultural
Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir + revista "O Casón 25 anos despois", sobre a revolta popular que tivo lugar en Guitiriz no ano 1987 + camiseta Xermolos + libro Desorballando outonos + CD A Quenlla "Na señardade", que inclúe tamén o CD "Os Irmandiños" máis o DVD "Manuel María da Terra Chá", producido por Ophiusa) + ruta cultural guiada polo concello de Guitiriz. Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).
> 00 Co-financiers
Difusión do proxecto no boca a boca, nas redes, etc. Deixa voar a túa imaxinación!
Arquitecto para o proxecto que terá un recoñecemento especial unha vez rematada a obra.
Aparellador