Leiras de Progo, recuperando terras

Finished 09 / 12 / 2023
Funded!
Received
€ 16.298
Minimum
€ 8.750
Optimum
€ 20.350
109 Co-financiers
Channel
  • Contributing € 7

    Colaboro!

    Agradecemento personalizado na web do proxecto.

    Desgravarías 5,6 € polo que o teu gasto real pode ser 1,4 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 06 Co-financiers
  • Contributing € 13

    Certificado dixital do castiñeiro

    Aportando 13 € recibirás:

    • agradecemento personalizado na web do proxecto
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore

    Desgravarías 10,4 € polo que o teu gasto real pode ser 2,6 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Co-financiers
  • Contributing € 27

    Apadriña/Amadriña un castiñeiro
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo con foto das primeiras follas (só España)
    • agradecemento nas nosas redes sociais
    • agradecemento personalizado na web do proxecto

    Desgravarías 21,6 € polo que o teu gasto real pode ser 5,4 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 19 Co-financiers
  • Contributing € 55

    Apadriña/amadriña un castiñeiro
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo con foto das primeiras follas (só España)
    • enviaremos imaxes da árbore cada ano ata que entre en produción (correo-e)
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto

    Desgravarías 44 € polo que o teu gasto real pode ser 11 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 25 Co-financiers
  • Contributing € 77

    Apadriña/amadriña un castiñeiro cun calendario 2024
    • un exemplar de CeosGalegos24, un fermoso calendario mural con imaxes do ceo
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo con foto das primeiras follas
    • enviaremos imaxes da árbore cada ano ata que entre en produción (correo-e)
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore
    • mención pública na web do proxecto

    (Envíos só a España)

    Desgravarías 61,6 € polo que o teu gasto real pode ser 15,4 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Co-financiers
  • Contributing € 95

    Apadriña/amadriña un castiñeiro e lote de castañas
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • enviaremos imaxes da túa árbore cada ano ata que entre en produción, por correo é
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 quilos de castañas doutros castiñeiros familiares ou de veciños. Envíos só á Península Ibérica.

    Desgravarías 76 € polo que o teu gasto real pode ser 19 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Co-financiers
  • Contributing € 150

    Apadriña/amadriña un castiñeiro e unha nogueira
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • enviaremos imaxes da túa árbore cada ano ata que entre en produción, por correo é
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 quilos de castañas doutros castiñeiros familiares ou de veciños. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo

    Desgravarías 120 € polo que o teu gasto real pode ser 30 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 20 Co-financiers
  • Contributing € 160

    Recompensa FINAL

    A nosa recompensa para a última semana de campaña. Apadriña/amadriña un castiñeiro e terás todo isto:

    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir, escoller o teu castiñeiro e poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 kg de noces e 5 kg de abelás. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo e unha abelaira na #LeiraAMontán

    Desgravarías 123,5 € polo que o teu gasto real pode ser 36,5 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Co-financiers
  • Contributing € 850

    Señor/a da Montán
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir, escoller o teu castiñeiro e poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • enviaremos imaxes da túa árbore cada ano ata que entre en produción, por correo é
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 quilos de castañas doutros castiñeiros familiares ou de veciños. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo
    • o teu nome aparecerá nunha placa que incluiremos no peche da leira da Montán
    • compartes a nosa mesma visión!! Contaremos contigo como socio preferente. Pasarás a ser o/a noso/a donante honorífico/a, participar na toma de decisións, acceso ao proxecto completo e estarás informado dos avances que vaiamos acadando.

    Desgravarías 365 € polo que o teu gasto real pode ser 485 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 04 Co-financiers

Priorizando

20 | 10 | 2024
Priorizando

Foi un ano... difícil.

O plan era case perfecto; hai que ver que marabillosamente se nos dá facer planificacións fermosas. Pero xa sabedes que non hai plan que resista o primeiro enfrontamento coa realidade.

O último que sabedes do proxecto (os que non nos seguides pola redes sociais) foi a inauguración do mes de abril. Xa daquela houbera que adiala por motivos meteorolóxicos. Despois diso toda a nosa previsión foi abaixo. Ás leiras faltáballes pasarlle unha "grade", un trebello que vai nun tractor para achairalas, deixalas lisas de todo de xeito que fora doado camiñar por elas, preparar cobertura vexetal e, sobre todo, instalar o rego por goteo. Quedaramos co JohnDeere en que o mes de maio sería o ideal. Foi o mesmo que desbrozara, retirara árbores, triturara restos vexetais, encalara, furara con retroexcavadora... unha pasta, vamos. Peoro que más lle deu. No seu mundo, os prazos son outros e os compromisos non existen.

Pasou maio e chegou xuño: que se esta semana chove e mellor despois, que se agora non teño tractoristas... Pasou xuño e chegou xullo, que se agora teño 3 tractores no taller, que se...

Priorizamos.

Desde o mes de xuño deixamos todo o que faltaba por facer a unha beira e adicamos o tempo a regar. É dicir, encher a Renault Kangoo de garrafas de 25 litros con auga do río e botarlle a cada árbore o seu. Entre 5 e 8 litros cada 10 días aproximadamente. Uns 950 árbores (contando a #LeiraAMontán deste proxecto, pero tamén A Senra, A Besada mailo Cabezo).

Priorizamos.

O da rega non impediu facer os traballos precisos de mantemento como o desgromado de todas as árbores. É dicir, eliminar os gromos laterais para evitar ter que podar o ano que vén todas as pólas que non fosen as da copa. Tamén, eliminar os chupóns que lle saen aos castiñeiros na base e que podían atrasar o crecemento da árbore. E, como non, eliminar as candeas (as flores femininas) para que non perderan enerxías en tratar de ter froito inmaduro e que se centraran en aclimatarse ao terreo e medrar fortes e xeitosos.

Priorizamos.

As regas, sobre todo. Durantes os meses de xullo e agosto. Puidemos regar máis veces pero o noso traballo non nos deixou máis tempo. Así e todo, pensamos que o conto saiu ben. En xeral, tivemos unhas marras do 5% (árbores que non prenderon ou que secaron ao pouco de prender); as culpas podemos repartilas a medias entre o viveiro e nós. Cunha excepción: un lote en concreto dun viveiro do que fallaron 45 de 60 árbores. Dado que temos un mapa coa ubicación de cada árbore, o patrón que leva, a variedade mailo viveiro de orixe puidemos concluír que non había culpa nosa: estaban distribuídos en diferentes zonas da #LeiraAMontán onde había outros castiñeiros que foron adiante, algúns non chegaron a prender, outros secaron ao pouco de botar algo de folla, outros secaron xa con boa folla botada... De feito, un técnico do viveiro estivo de visita para comprobar "in situ" o que puidera pasar e tampouco atopou explicación. Así que se comprometeu a estudar a posible reposición das árbores fallidas. A ver en que queda o conto.

Así que temos pendnete asignar un castiñeiro a todos os que non puidestes asistir o día da inauguración da leira e a emisión dos certificacos de apadriñamento respectivos, claro está. Pero estivemos priorizando.

E aqueles que o ano pasado quedastes sen castañas porque había poucas e foron malas, pois tócavos este ano, que parece que está a ser un pouco mellor.

Na imaxe do artigo unha vista xeral dunha parte da leira. As dúas árbores con copa son sendos carballos que deixamos en pé para ter algo de sombra. Pero veredes o "exército" de castiñeiros coa súa cabeciña de follas e porte ergueito. Grazas a todos/as vós.

Comments

Manuel Veiga Díaz
Hace 2 months
Moita forza, aí!

Inicia sesión para dejar un comentario