¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

Festival M.A.R.C.O. ( Mostra de Arquitectura Rural)

Header image
Watch video
  • Location San Pedro de Sarandón, Vedra, España
1Round Remaining 40 days
Received
€ 271
Minimum
€ 3.933
Optimum
€ 6.318
7 Co-financiers
Channel
  • Contributing € 17

    MOLA - M.A.R.C.O.

    Xa o dicía Camilo Sesto: "Moooooolaaaa!.... M.AAAA.RR.CC.OOOOOO
    Tanto mola que queres ser parte do impulso desta proposta cultural si ou si!

    A túa axuda desgrava!!!!! Por cada 10€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache un 80% ( 8€ ) ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo e descubre como facelo aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 24

    AMADRIÑA ou APADRIÑA un M.A.R.C.O

    Pon o teu nome no espazo rural e inmortalízao nun M.A.R.C.O. real. Si, si,...deses que dividen as leiras entre a veciánza
    Hollywood pode ter o seu paseo da Fama, pero nós temos un mostrario de M.A.R.C.O.S que representan á xente activa do festival.
    E para que conste en acta, poderás recoller durante os días do festi, a foto da peza que amadriñaches/apadriñaches coa coordenadas xeorreferenciadas da súa localización, para que o poidas visitar as veces que queiras.

    A túa axuda desgrava!!!!! Por cada 10€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache un 80% ( 8€ ) ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo e descubre como facelo aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 29

    M.A.R.C.O.

    Leva un M.A.R.C.O. para ti para sempre. O MARCO que serve de icona do festival feito a man, e con moito cariño.
    (Poderás recollelo durante os días do festi)


    A túa axuda desgrava!!!!! Por cada 10€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache un 80% ( 8€ ) ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo e descubre como facelo aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 33

    MARCO - POLO

    Combo de: M.A.R.C.O. icona do festival feito a man e con moito cariño + POLO ( mais ben é unha camisola).
    (Poderás recollelo durante os días do festi)



    A túa axuda desgrava!!!!! Por cada 10€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache un 80% ( 8€ ) ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo e descubre como facelo aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 02 Co-financiers
  • Contributing € 38

    M.A.R.C.O. ao CADRADO

    un MARCO dentro dun MARCO!
    A escoller entre : Ilustración dun Marco, orixinal e numerada creada por ELÓ ou fotografía orixinal dun Marco, orixinal e numerada, creada por AigiBoga. O que escollas, omo non pode ser doutro xeito, irá dentro dun marco de madeira artesanal.
    (Poderás recollelo durante os días do festi)

    A túa axuda desgrava!!!!! Por cada 10€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache un 80% ( 8€ ) ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo e descubre como facelo aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 52

    M.A.R.CO.-MER

    Únete ao Xantar ETNO-POP ( menú etnográfico e romaría popular) que pecha o festival M.A.R.C.O, e pon de de gala e luce tamén a camisola desta ano.
    Xantar + Camisola
    (Poderás recollelo durante os días do festi)

    A túa axuda desgrava!!!!! Por cada 10€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache un 80% ( 8€ ) ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo e descubre como facelo aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 03 Co-financiers
  • Contributing € 76

    TOPE GAMA-RCO

    Quéroo todo:

    • o M.A.R.C.O ; - a Camisola; - a Ilustración dentro do Marco; -e tamén quero xuntarme ao Xantar;
      A experiencia total!!!
      (Poderás recollelo durante os días do festi)

    A túa axuda desgrava!!!!! Por cada 10€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache un 80% ( 8€ ) ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo e descubre como facelo aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 257

    MARCO-AURELIO

    Quéroo todo ( o M.A.R.C.O ; - a Camisola; - a Ilustración dentro do Marco; -e tamén quero xuntarme ao Xantar)
    e ademais, ser madriña/padriño do festival e axudar a esta iniciativa para que se consolide e medre!
    (Poderás recollelo durante os días do festi)

    A túa axuda desgrava!!!!! Por cada 10€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache un 80% ( 8€ ) ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo e descubre como facelo aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers

About this project

M.A.R.C.O. 2026 – O primeiro Festival Galego de Arquitectura Rural

Needs Task Minimum Optimum
ADREDE (Arte e Deseño en REDE) __ [ Producción Cultural de MARCO ]
A parte creativa de M.A.R.C.O., onde se levan a cabo OBRADOIROS das artes, OBRADOIROS en comunidade, PROXECCIÓNS de material audiovisual ( curtas e longas) , PERMORNCEs de TEATRO e DANZA, e CONCERTOS. Todas estas accións culturais ben pagan a pena a cambio da remuneración en forma de honorarios/cachés aos profesionais que as desenvolven.
€ 2.165
QUEBRAMIOLOS ( o LABh2ORATORIO - Arquitectura da Auga) __ [ Producción Cultural de MARCO ]
O cerebro do festival, onde durante 3 días se escoita, se aprende, se pensa, se reflexiona,... sobre problemáticas do rural. A loxística do laboratorio precisa da presenza de conferenciantes referentes no tema cos seu correspondentes honorario, en materiais de traballo, en visitas organizadas co seu desprazamento,..
€ 1.128
GASTOS do CROWDFUNDING
Porcentaxe para Fundación Goteo (10% do recaudado)
€ 640
Needs Infrastructure Minimum Optimum
CO.BERTOS __ [ Experiencia MARCO Completa]
En M.A.R.C.O. queremos darlle vida a eses espazos da vida rural por excelencia, os CObertos; e que as actividades se desenvolvan en eles. Para iso imos a poñelos guapos, a dotalos de luz, de equipos, de útiles (cadeiras, mesas e bancos)
€ 895
Needs Material Minimum Optimum
os FOOD CHIMPÍNs __ [ Experiencia MARCO Completa]
Queremos darlle a volta á barra e á parte gastronómica dos festivais, e achegalas á vida e ao mundo rural. Utilizaremos os chimpíns e darémoslle un arranxo para mudar o formato tendencia "food-trucks" polo que será o modelo de moda rural, os FOOD-CHIMPÍNS.
€ 1.490
Total € 3.933 € 6.318
Necessary
Supplemental

General information

O marco en Galicia é un límite que separa: unha pedra, unha estaca, unha liña entre o “meu” e o “teu”.
O Festival M.A.R.C.O. nace para facer xusto o contrario: converter ese límite nun punto de encontro.

M.A.R.C.O. – Mostra de Arquitectura Rural é un festival cultural que se celebra en Vedra e que quere volver mirar o rural con ollos novos. Durante tres días, a veciñanza, arquitectas, artistas, estudantes e público xeral xúntanse para compartir música, actividades e reflexión arredor da arquitectura que forma parte da nosa vida.

Porque a arquitectura non son só edificios: son os lugares onde vivimos, traballamos e nos atopamos; son o nos marco de vida. E no rural, eses espazos —muíños, cobertizos, camiños— gardan historias, cultura e oportunidades de futuro.

Tras unha primeira edición piloto en 2025, M.A.R.C.O. regresa en 2026 cun formato máis consolidado e coa vontade de medrar como un encontro anual aberto a toda a comunidade.

Esta segunda edición celebrarase os días 8, 9 e 10 e estará centrada na cultura ETNO-POP ( ETNOgráfica e saber POPular), poñendo o foco na arquitectura da auga e nos muíños fluviais.

Se os muíños foron no seu día motor de vida e incluso de música —como a muiñeira—, hoxe queremos volver activalos como espazos vivos: lugares onde sucedan cousas, onde a xente se atope e onde o rural volva xerar cultura, economía e comunidade.

Non queremos mirar o rural como un museo do pasado, senón como un espazo cheo de posibilidades. Por iso propoñemos reactivar estes lugares desde o respecto, pero tamén desde a creatividade, para que volvan ser parte do noso presente.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

O Festival M.A.R.C.O. estrutúrase en tres grandes bloques de actividades, pensados para mesturar arquitectura, arte e vida no rural:

ADREDE –- Arte e Deseño en REDE. __

É o corazón do festival: un espazo aberto onde a arquitectura se mestura coa arte, a música e a creatividade.

Aquí pasan cousas durante todo o día:

Obradoiros de fotografía, pintura, escultura ou arquitectura

Procesos de co-creación con artistas para intervir en espazos do rural

Exposicións e proxeccións

Concertos e espectáculos en lugares únicos

A idea é sinxela: xuntar a profesionais e veciñanza para crear, aprender e vivir a cultura en común.

” O MELLOR DE CADA CASA” __

Unha forma de achegar a arquitectura á xente, entrando directamente nela.

Organizamos rutas guiadas por diferentes espazos do rural: vivendas, rehabilitacións, proxectos sostibles… explicados polas propias persoas que os habitan ou os deseñaron.

Ademais, haberá actividades prácticas para todos os públicos, incluíndo:

“Os tres porquiños”
Un obradoiro onde experimentamos con materiais reais como palla, madeira e ladrillo para entender como se constrúe e por que importa.

QUEBRAMIOLOS 2026
( 1.edición “LABH2ORATORIO”) __

É o espazo de reflexión e creación colectiva do festival.

Aquí xuntamos a profesionais, veciñanza e público para pensar xuntos sobre o futuro do rural e propoñer solucións reais.

En 2026, o laboratorio centrarase na arquitectura da auga, especialmente nos muíños.

Durante anos, os muíños foron motor da vida no rural. Hoxe moitos están abandonados.

A pregunta que lanzamos é:
Poden volver ser espazos vivos, útiles e cheos de actividade?

Este laboratorio non busca só pensar, senón abrir camiños para reactivar estes espazos e devolverlles o seu papel na comunidade.

camphoto-1903590565.jpg marco-92-.jpg 1d98cb78-fcc7-4d15-80f1-d5e0ae387f16.jpg marco-129-.jpg aigiboga.com-9877.jpg aigiboga.com-9892.jpg marco-69-.jpg

Why this is important

M.A.R.C.O. pretende “mover os “MARCOs”, e ACHEGAR A ARQUITECTURA Á XENTE.

Durante moito tempo, a arquitectura pareceu algo afastado, técnico, incluso alleo á vida cotiá. Pero en realidade está en todo: nos lugares onde vivimos, nos espazos onde nos atopamos e na forma en que habitamos o territorio.
Por iso, o festival quere romper esa distancia e facer que a arquitectura se entenda, se viva e se comparta. Porque cando entendemos os espazos que habitamos, tamén melloramos a nosa calidade de vida.

Ao mesmo tempo, M.A.R.C.O. funciona como un “marco” onde se atopan as artes.

A arquitectura serve aquí como punto de unión para a música, a pintura, o deseño, o teatro ou o cinema. O obxectivo é xerar diálogo entre disciplinas e, sobre todo, facer que a cultura forme parte da vida diaria das persoas.

E todo isto sucede desenvólvese nun “M.A.R.C.O.” natural e tradicional, cuxo fundamento é o POÑER EN VALOR O RURAL.

Queremos poñer en valor as aldeas, a súa arquitectura e a súa forma de vida, non como algo do pasado, senón como unha oportunidade de presente e de futuro, apostando por un rural vivo, que conserve o seu patrimonio, que xere cultura, que cree comunidade e que sexa un lugar onde quedarse e construír futuro

pxl-20250511-132716701.jpg dia1-09-o9.jpg dia1-09-o7.jpg pi2-8482.jpg

Team and experience

QUEN está detrás do proxecto?

A Asociación Cultural MARCO é unha iniciativa de recente creación (setembro de 2025), que nace a partir da experiencia da primeira edición do festival.
M.A.R.C.O. 2025 foi posible grazas a unha iniciativa impulsada polo estudo ELÓ, coa colaboración do Concello de Vedra e do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. A boa acollida e o impacto xerado fixeron evidente a necesidade de darlle continuidade ao proxecto.
Por iso créase a asociación: para consolidar o festival e desenvolver máis actividades ao longo do ano vinculadas á cultura, á arquitectura e ao rural.

A asociación está formada por un equipo de persoas con perfís diversos, unidas por un obxectivo común: poñer en valor o rural a través da arquitectura, a arte e a participación da comunidade.

  • QUE queremos conseguir?

Os nosos obxectivos son claros:

Achegar a arquitectura á sociedade

Poñer en valor o rural e o seu patrimonio

Promover prácticas sostibles e responsables

Fomentar a participación da veciñanza

Crear oportunidades para a mocidade e profesionais emerxentes

    • QUE facemos?

A asociación impulsa diferentes tipos de actividades ao longo do ano:

Programación cultural e artística

Obradoiros, charlas e encontros

Festivais e eventos

Proxectos de posta en valor do patrimonio

Iniciativas que conectan arquitectura, cultura e territorio

Todo isto cunha idea de fondo: activar o rural como un espazo vivo, creativo e con futuro.

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Sustainable Cities and Communities

    There needs to be a future in which cities provide opportunities for all, with access to basic services, energy, housing, transportation and more.

  • Responsible Production and Consumption

    Responsible Production and Consumption

  • Climate Action

    Climate change is a global challenge that affects everyone, everywhere.

  • Life On Land

    Sustainably manage forests, combat desertification, halt and reverse land degradation, halt biodiversity loss

  • Partnerships for the Goals

    Revitalize the global partnership for sustainable development