𝓕𝓔𝓘𝓡𝓐 𝓓𝓐 𝓟𝓡𝓘𝓜𝓐𝓥𝓔𝓡𝓐
Recuperamos a feira e a ilusión de festexar con todas vós con flores e sorrisos!
🕟A feira de artesanía cos postos máis xeitosos estarán abertos de 12 a 20 horas.
👯♀️Como non podía ser doutra maneira, haberá pasarrúas, sesión vermute e moita alegria para celebrar a floración do barrio.
Arrancamos ás 12:00 coas HABELAS HAINAS que irán atraendo á xente de todo o barrio coas súas músicas ata o cruceiro.
🍹De 14:00 a 16:00 na sesión vermute, será o turno para a SEXTA PRÁCTICA das alumnas de Wax Cultura Dj, que vos van facer mover o esquelete a ritmo de disco, funky, soul e o que se tercie.
🥤ᴀᴄᴏʀᴅáᴅᴇᴠᴏs ᴅᴇ ᴛʀᴀᴇʀ ᴏ ᴠᴏsᴏ ᴄᴏᴘᴏ ᴅᴀ ᴄᴀsᴀ!🥤
🗿Dende ben cediño teremos a sorte de contar con @byluka_sculpture que estará montando unha escultura con temática sanpedresa que será sorteada despois de comer.
🎟️Rifas á venda no mesmo sitio que os lastros.
Despois de comer novo pasarrúas e seguir a festiña ata que remate o día e se recollan os postos de artesanía.
🍕🍍🥑 Non vai haber postos de comida, pero o comercio do barrio dispoñerá do que precisedes!
Ide preparando os vosos outfits primaverais que quedan 8 días!!!
🌹🌺🌷🌻🎠🎡🎢
feiradaprimavera #fbsp23 #20aniversario #barrioconluzpropia